O patrimonio cultural acumula alteracións, ás veces iniciadas no proceso creativo, 
que toman forma na súa vida útil e tenden a agravarse a partir do momento de abandono. 
A conservación e restauración, nutríndose da ciencia e da arte, achega os métodos 
indispensables para garantir a súa integridade material.


OS MEUS SERVIZOS

> Dirección de proxectos de conservación: traballos de carácter preventivo e curativo 
en arte moble e inmoble.

> Emisión de informes técnicos con mapas de alteracións, diagnóstico previo e estudo 
do risco territorial.

> Deseño de plans de intervención, mantemento e conservación preventiva. 

> Ampliación diagnóstica con probas analíticas, estudos microclimáticos e plans de medicións 
a partir da  monitorización de axentes. 

> Conservación + socialización patrimonial: cada proxecto incide na mellora  das condicións 
de exhibición xunto coa participación activa dos usuarios dos bens culturais como ferramenta 
máis eficaz para a súa preservación.


SOBRE MIN

Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais pola Escola Superior de Conservación 

e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Especialidade Arqueoloxía.
Membro da Asociación Profesional de Conservadores Restauradores de España, nº 145.