BENS INMOBLES 

ESTRUCTURAS ARQUEOLÓXICAS

Castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón) | Dirección do proxecto de consolidación.
En 2017 ocupámonos da conservación das estruturas pertencentes á vella igrexa, a necrópole altomedieval e unha cabana castrexa, no marco da terceira campaña do Proxecto arqueolóxico do castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa. Como parte das actividades programadas, realizouse unha exposición pública dos traballos in situ. | URL: http://www.sanlourenzo.net



Fotografía de Carlos Cortés.







TRABALLOS EN FACHADA

> Escudo do Banco de España (A Coruña) | Labrado en dez bloques de granito polos irmáns Jiménez en 1924. 
Presentaba numerosos engadidos de morteiros ricos en sales, pasando décadas exposto a un ambiente contaminante e tendo recibido tratamentos de hidrofugación non inocuos. O principal reto consistiu na eliminación da costra negra, posteriormente desalgando e consolidando as zonas con falta de cohesión. Foi tratado no curso dos traballos de limpeza e restauración da fachada en 2017.



> Cuartel de El Coto (Xixón) | Diagnose do estado de conservación da fábrica pétrea na fachada norte (2017).






ARTE RUPESTRE

> Pintura parietal megalítica (Rodeiro) | Como parte do equipo coordenado por Candela Alvarellos en 2014 no seu proxecto de estudo, readhesión e consolidación da capa pictórica, participei na fase de limpeza do Ortostato 7 do dolmen de Monte dos Marxos, documentado por Manuel Lestón e Fernando Carrera e pertencente ao Museo de Pontevedra. 

Fotografía de Candela Alvarellos



> Petróglifos de Sabaxáns (Mondariz) | Primeira toma de contacto coas formas de colonización biolóxica en soporte granítico. No verán de 2011, como alumno da ESCRBCG, participei na campaña de limpeza dos gravados rupestres do Pé de Mula, ás ordes de María Varela, Natalia Cortón, Carmen Gómez e Fernando Carrera.