BENS MOBLES 

METAL ARQUEOLÓXICO

> Broche de Pol-Baamorto (Lugo) | Fibela-broche de cinto de atribución visigótica ou vándala, creada en bronce dourado con decoración gravada e pastas vítreas. 
En 2017, o Museo Provincial de Lugo cedeu a peza en préstamo á Deputación Provincial de Ourense con motivo da exposición In Tempore Sueborum: O tempo dos suevos na Gallaecia (411-585). Procedeuse á súa limpeza, protección e mellora do sistema de exhibición. | URL: http://www.intemporesueborum.es/gl



> Navalla romana (Lugo)| Bronce e ferro. Descuberta no Carril dos Loureiros a inicios do século XXI. 
Foi tratada no laboratorio da ESCRBCG e actualmente encóntrase en depósito no Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga. Foi alí onde me ocupei da súa limpeza e conservación na estadía en prácticas de 2015, baixo a supervisión de Carolina Pérez.


OUVERÍA RELIXIOSA

Cruz procesional (Lugo) | Obxecto litúrxico en prata orixinario da comarca da Ulloa (encarga particular).
Na restauración desta peza foron tratadas formas de corrosión externas e internas así como numerosas alteracións causadas por intervencións previas (puntas, soldadura). Alén da limpeza, foi necesaria reintegración estrutural (2017).



CERÁMICA ARQUEOLÓXICA

> Cerámica galaico-romana (Rodeiro) | Recipiente de cociña extraído na escavación da villa rural de Porta de Arcos, pertencente aos fondos do Museo de Pontevedra. 
Previamente estudado por Lara Fontenla, ocupeime da súa reintegración estrutural e cromática en 2014, baixo as directrices de Sonia Seco (ESCRBCG).