INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN

DIVULGACIÓN

> Á luz das mámoas. Proxecto colaborativo de conservación das medorras do Saviñao | En 2015, cinco compañeiros de estudos organizamos unhas xornadas de conferencias, roza, sinalización e sociabilización do patrimonio tumular da área do Beirán e da Costa do San Antonio, entre as parroquias de Piñeiró e Abuíme. Dende entón temos participado en relatorios, deseñado obradoiros didácticos, guiado grupos escolares e redactado unha unidade didáctica sobre o megalitismo do Saviñao. Os integrantes do grupo somos Alicia Soneira, Lucas Iglesias, Candela Alvarellos, Alba Losada e Diego Iglesias. | URL:http://aluzdasmamoas.wordpress.com












INVESTIGACIÓN

> EINIACA | En 2017, o libro (Re)escribindo a historia. Achegas dos novos investigadores en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade recolleu o noso primeiro artigo, Alén da prospección arqueolóxica superficial. O uso do LiDAR para a revisión do fenómeno megalítico no Saviñao, corredactado con Miguel Carrero, Alicia Soneira e Candela Alvarellos despois da participación no II Congreso Internacional de Novos Investigadores en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (ARCIAN-USC).




> TFG | En 2016 presentei o traballo de fin de estudos Plan de xestión dun conxunto tumular no concello do Saviñao. Bases para a súa implantación, titorizado por Fernando Carrera, no que se propón unha mellora na xestión de conxuntos arqueolóxicos por medio da diagnose territorial e da municipalización de competencias sobre patrimonio. O texto foi cualificado polo tribunal con 9,6 - MH.